09/12/10

A TRAXEDIA MEDIOAMBIENTAL DE CHERNÓBIL



O accidente na central nuclear de Chernóbil (localidade pertencente a antiga URSS e situada na Ucraína actual)producíuse o 26 de abril de 1986 e foi o accidente nuclear máis grave da historia.

Ese día, durante unha proba na que se simulaba un corte do subministro eléctrico, un aumento súbito de potencia no reactor 4 da Central Nuclear, producíu o sobrequentamento do núcleo do reactor nuclear, o que terminou provocando a explosión do hidróxeno acumulado no seu interior.




A cantidade de material radiactivo liberado, que se estimou foi unhas 500 veces maior que a liberada pola bomba atómica arroxada en Hiroshima en 1945, e causou directamente a morte de 31 persoas, forzou ao goberno da antiga Unión Soviética á evacuación dunhas 135.000 personas e provocou unha alarma internacional ao detectarse radiactividade en diversos países de Europa septentrional y central.

Además das consecuencias económicas, os efectos ao longo prazo do accidente sobre a saúde pública recibiron a atención de varios estudos. Aínda que as súas conclusións son obxecto de controversia, sí coinciden en que miles de persoas afectadas pola contaminación sufriron ou sufrirán en algún momento da súa vida efectos na súa saúde.

Tras prolongadas negociacións co goberno ucraniano, a comunidade internacional financiou os custos do peche definitivo da central, completado en decembro de 2000. Dende 2004 lévase a cabo a construcción dun novo sarcófago para o reactor.

28/10/10

HISTORIA DO SAMAÍN E O HALLOWEEN

Dúas festas cunha orixe común pero cunha evolución diferente

Galicia estivo habitada dende tempos remotos. No paleolítico vivían os Oestrimnios. Máis tarde, hai uns 3.000 anos, empezaron a chegar as primeiras tribus celtas. Este pobo trouxo importantes avances técnicos como a metalurxia do ferro e tamén as súas crenzas. 
Os celtas eran politeistas (adoraban a diferentes deuses que representaban as forzas da Natureza e as condicións do espírito: bondade, sabedoría, guerra, lume as batallas...).
A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro marcaba para os celtas o inicio do novo ano. Crían que era unha noite máxica na que as almas dos defuntos podían volver ao mundo dos vivos para visitar aos seus familiares ou para arranxar contas pendentes. Para alonxar os malos espíritos expoñían nas entradas dos seus castros as caveiras dos inimigos derrotados nas batallas.
Os celtas eran orixinarios da Europa Central, pero como eran pobos de feros guerreiros, foron quen de ampliar o seu territorio até abarcar gran parte de Europa, incluída a nosa terra e a maioría da península Ibérica. Con eles levaron as súas crenzas, entre elas a noite do Samín.
Máis tarde, no 226 a.C., chegou á península outro pobo moi forte militar e culturalmente: os romanos.





OS ROMANOS
Costoulles moito conquistar aos celtas, pero ao final foron quen de impoñer a súa cultura, incluídas as súas crenzas. Tamén eran politeístas e, co paso do tempo, a celebración da noite máxica dos defuntos do 31 de outubro foi substituída polo culto a Pomona, a deusa romana da colleita.
Tempo despois, as crenzas politeístas foron substituídas por unha nova relixión que se expandíu polo Imperio romano: o cristianismo.
Nese momento adaptáronse as antigas festividades ás crenzas; no caso da festa do 1 de Novembro pasouse a celebrar o día de tódolos santos
Máis tarde viñeron outros pobos, como os suevos no 411 d. C.,... Por outro lado a través dos séculos seguimos recibindo influencias de moitas zonas de Europa, en gran parte gracias ao Camiño de Santiago dende finais do s. VIII.
 Mentres pasaba isto en Galiza, noutras terras veciñas, como Irlanda e os países centroeuropeos, acontecía algo parecido: foron chegando pobos con crenzas e costumes moi diferentes nalgunhas cousas e moi parecidos noutras.
No caso de Irlanda a influencia celta foi moi forte, xa que é un dos lugares onde chegaron máis tribus celtas. Por iso mantiveron moitas tradicións desa orixe. No que respecta á festa do 1 de novembro, alí cambiáronse as caveiras prehistóricas por nabos baleiros decorados para meter medo cunha candea dentro.
A mediados do s. XIX (1845), fuxindo da fame e a superpoboación no seu país, moitos irlandeses emigraron a Norteamérica.
 Con eles levaron os seus costumes, entre eles a celebración da noite de Samín herdada dos ancestros celtas.
En América comezaron a empregar cabazas, porque era moito máis abundantes. Halloween ou Allhallows son xeitos de designar en inglés a festividade relixiosa de Tódolos Santos.
Os estadounidenses comezaron a celebrar esta festa por influencia dos emigrantes europeos. De feito, á cabaza tallada chámanlle Jack-O-lantern por unha lenda de orixe irlandés.
Durante o século e medio de tradición en EE_UU. esta festa derivou nun entroido de outono (eles non celebran, por outro lado, o entroido).
En Galiza a festa do 1 de novembro tamén foi variando e enriquecéndose con cada novo pobo que habitou aquí.
Según nos contan as persoas maiores, moito antes de oírmos falar por estas terras do Halloween, nalgunhas partes de Galiza, a xente xa adoitaba baleirar, nabos primeiro e logo cabazas, para poñerlle candeas dentro e asustar aos veciños polos camiño.
 Se este costume se mantivo dende a Idade de Bronce (época dos celtas) ou se se perdera e volveu máis tarde, a través dalgunha das moitas influencias que recibimos ao longo da historia, seguramente é algo do que probablemente nunca poderemos estar certos.
Do que si temos certeza é da existencia doutras moitas tradicións para esta época do ano que sí chegaron até os nosos días. As máis amplamente extendiadas son a celebración dos Magostos e a visita aos cemiterios para adornalos en homenaxe aos nosos defuntos. En diferentes lugares de Galiza teñen costumes como deixar un prato na mesa para os defuntos, non barrer a cociña esa noite para non molestar ás ánimas, etc, etc. 
Curiosamente, nos últimos tempos a antiga festa que levaran a América os emigrantes, e que xa se perdera en Europa, volve a extenderse por todo o mundo transformada nun poderoso fenómeno comercial gracias á forte influencia da industria cinematográfica norteamericana, ao fenómeno de Aldea global e aos numerosos e moi poderosos intereses creados para fomentar un foco máis de consumo.
 

27/10/10

EVOLUCIONISMO OU CREACIONISMO

FRANCISCO J. AYALA

Xenetista e referente mundial en bioloxía da evolución

«É unha blasfemia interpretar a Biblia coma se fose un libro de ciencia»

R. ROMAR La Voz de Galicia 31/10/2010

Francisco Ayala cre que ciencia e relixión son perfectamente compatibles e afirma que «non hai teoría que teña tanta evidencia como a da evolución»
Francisco Ayala é, probablemente, o científico máis importante do mundo no campo da bioloxía evolutiva e o auténtico referente mundial do neodarwinismo. Asesor do ex presidente de EE.UU. Bill Clinton e científico de confianza do Vaticano, Ayala é un dos científicos españois máis recoñecidos, a pesar de que leva case cincuenta anos traballando en Estados Unidos. Este ano tamén se converteu no primeiro español en gañar o premio Templeton, o de maior valor económico do mundo, con 1,2 millóns de euros. O tamén xenetista, que revolucionou a teoría da evolución ao ser o pioneiro na aplicación da bioloxía molecular na investigación dos procesos evolutivos, estivo esta semana na Coruña para ofrecer, na Fundación Paideia, unha conferencia sobre evolución.
-En maio recibiu no palacio de Buckingham o premio Templeton. ¿Que supuxo para vostede?
-É importante, pero máis pola honra que polo diñeiro. O diñeiro doeino integramente á Universidade para bolsas para estudantes. É importante porque, a diferenza do Nobel, só se dá a unha persoa cada ano. A honra é o que conta.
-Vostede sempre insiste en que ciencia e relixión son compatibles. ¿O son realmente?
-Non teñen por que non selo, porque se trata de dous xeitos de mirar ao mundo que son distintas. Eu ás veces descríboas como dúas fiestras polas que miramos todos o mesmo mundo, pero o que se ve é diferente. As incompatibilidades existen cando unha área sae do seu propio dominio e entra na outra. Por exemplo, os fundamentalistas, que interpretan a Biblia literalmente, o que están a facer é vela como un libro de astronomía, de bioloxía, de química ou de física, cando os pais da Igrexa sempre dicían, especialmente san Agustín, que non foi escrita para dicirnos como foron os feitos dos ceos, senón para aprender a mirar ao ceo.
-¿Entón?
-É unha barbaridade e unha blasfemia interpretar a Biblia coma se fose un libro de astronomía, ou de ciencia. Pero tamén hai frecuentemente algúns científicos que saen fóra do seu campo e fan afirmacións como que Deus non existe ou que a relixión é inútil. Din que a ciencia non pode demostrar a existencia de Deus, pero polas mesmas razóns tampouco pode demostrar a non existencia de Deus.
-¿Stephen Hawking entre eles?
-Dicir que non fai falta recorrer a Deus para explicar a existencia do universo non quere dicir que Deus non exista, que é o que ao parecer suxeriu Hawking. Tamén podemos explicar o desenvolvemento dun ser humano a partir dun ovo fecundado como resultado natural, pero iso non quere dicir que Deus exista ou non exista. Hawking non dixo nada novo, o que pasa é que é moi astuto á hora de manipular os medios de opinión pública para presentar as cousas dun xeito que sempre chamen a atención.
-Vostede testificou en xuízos para decidir se se ensinaba ou non o creacionismo nas escolas. E agora está de moda o deseño intelixente. ¿Como é posible que hoxe en día aínda se poña en dúbida a evolución?
-En Estados Unidos, os que escriben sobre o deseño intelixente son moi poucos, pero os que están dispostos a aceptar as súas teorías son moitos, son a maioría. O 50% da poboación está disposta a aceptar que o home non evolucionou bioloxicamente a partir de antepasados non humanos, pero iso é por falta de educación. Pola contra, non hai teoría científica que teña tanta evidencia ao seu favor como a evolución, nin a teoría atómica, nin sequera a teoría copernicana de que a Terra vira ao redor do Sol e non ao revés. Hai moitas máis evidencias da evolución que de calquera outra teoría científica. Con todo, a xente non o sabe.

 

«O creacionismo estase a  estender xa por Europa»


Francisco Ayala alerta da propagación tamén por Europa de teorías seudocientíficas baseadas en fundamentalismos, como a do deseño intelixente.

-En certas escolas americanas estudan a Biblia e non a teoría da evolución. ¿Como se chegou a iso?

-Se un trata de entender a Biblia como un relato científico é unha barbaridade. Se queren ensinar a Biblia nas escolas paréceme moi ben, pero non que se ensine como ciencia, porque iso é mala ciencia e peor relixión aínda.

-¿Teme que este fundamentalismo creacionista se propague a Europa?

-Estase a estender xa por Europa. Non de xeito moi visible, porque non se lle presta atención, pero si se está estendendo entre as igrexas pentecostales e dos adventistas do sétimo día, que tratan de propagar que o creacionismo ensínese nas escolas. É ignorancia.

-¿E vostede cal cre que pode ser o límite da evolución?

-Non ten por que haber un límite, nin o haberá, a non ser que a vida se destrúa a si mesma, porque a evolución sempre continúa. Agora que onde vaiamos ou se imos cambiar bioloxicamente de xeito importante, ¿quen o sabe?

-¿Que pesa máis, a evolución biolóxica ou a cultural?

-Si se pode dicir que a evolución biolóxica para os humanos é moito menos importante que a evolución cultural. Agora adaptámonos cambiando o ambiente de acordo coas necesidades dos nosos xenes, xa non evolucionamos cambiando os nosos xenes con arranxo ás necesidades do ambiente. Un exemplo: seguimos sendo animais tropicais. Necesitamos unha temperatura media de 23-25 graos para poder funcionar fisioloxicamente, aínda que os humanos viven en Alaska ou en Siberia. Pero non porque cambien fisioloxicamente e os seus xenes permítanlles vivir a esas temperaturas, senón porque póndonos roupa cambiamos o ambiente para adaptarnos aos nosos xenes. A evolución por medio dos cambios culturais é moito máis rápida. A biolóxica ocorre a escala de miles e miles de xeracións, mentres que a cultural ocorre nunha escala de anos. ¿Que onde imos ir culturalmente? Tampouco o sei.

25/10/10

SABES EN QUE LUGAR DA TERRA...

VAI MÁIS FRÍO? En Polus Nedostupnost (Antártida) a temperatura media anual é de -57,8ºC, pero o 21 de xullo de 1983, na estación antártica Vostok acadáronse os -89,5ºC.
VAI MÁIS SOL? En Daliol (Etiopía) a temperatura media anual é de 34,4ºC. En Al-Aziziyah (Libia) o 13 de setembro de 1922 chegouse aos 57,8ºC.
CHOVE MÁIS? Na illa de Kauai (Hawai) chove 350 días ao ano. Pero en Foc-Foc (illa de Reunión) caeron 1.828 mm de chuvia durante un só día (8 de xaneiro de 1966).
CHOVE MENOS? No deserto de Atacama (Chile). As precipitacións anuais só acadan os 0,51 mm.
VAI MÁIS VENTO? En Port Martín (Antártida) os ventos acadan unha velocidade de 105 km/h; en Mount Washington (Estados Unidos), o 12 de abril de 1934, rexistráronse refachos de vento de 370 km/h.