14/10/12

OS 14 OITOMIL


Os cumios máis elevados do mundo teñen 14 picos que superan os 8.000 metros de altitude. O máis coñecido é o Everest (o teito do mundo) pero hai outros trece que teñen o privilexio de superar esta marca. Todos eles no cordal máis alto do planeta Terra, no cordal Mansiri Himal, ou o que é o mesmo o cordal do Himalaia.
Os 14 son: Everest, K2, Kanchenxunga, Lhotse, Makalu, Cho Oyu, Dhaulagiri, Manaslu, Nanga Parbat, Annapurna, Gasherbrum I, Broad Peak, Gasherbrum II e Shisha Pangma.
A continuación imos ir dicindo algúns datosde estes picos tan emblemáticos, imos ir de maior a menor altitude.

EVEREST: (8.848m) Foi chamado en honor ao xeral George Everest (xeógrafo e topógrafo galés responsábel de elaborar o primeiro mapa topográfico da India entre 1830 e 1843), aínda que na zona do val do Khumbu dise Deodunga (montaña sagrada), en nepalés chámase Sagarmatha (fronte do ceo) e en tibetano Chomolunga (Nai do universo).
A primeira ascensión foi realizada polo neocelandés Edmund Hillary e polo sherpa Tenzing Norgay en 1953.
Ten 15 rutas de ascensión e as máis importantes son a do outeiro norte e a do outeiro sur. Esta última describirase brevemente:  pártese dende Nepal na poboación de Lukla, a 2.860 metros de altitude, para que vos fagades unha idea os habitantes viven nun punto máis elevado que o cumio de Galicia (Pena Trevinca 2.127 m) coa súa correspondente falta de osíxeno que se dá na atmosfera a partir dos 2.000 metros. Dende aquí, coa axuda sherpas portadores, subirase ata o campo base, a uns 5.800 metros, todo o material necesario chegando a cargar ata 60 kg de masa no seu lombo. Chégase ao campo base, o val do Solu Khumbu. A partir de aquí necesitase a un sherpa de altura que acompaña e axuda aos escaladores a establecer os diferentes campos bases. O primeiro tramo ou Campo I sitúase aos 6.100m de altitude facendo a ruta ata a lingua de xeo do glaciar Khumbu, o tramo máis perigoso pois o glaciar está en constante movemento, móvese uns catro metros ao día. Dende o Campo I ao Campo II a 6.500 m atravésase o Val do Silencio, xa que pola súa orografía non hai case vento neste tramo. O terceiro tramo chega ao Campo III a 7.470 m escalando a cara norte do Lhotse, que comparte ruta co Everest, mediante unhas cordas fixas. O 4º tramo chega ao Campo IV a 8.000 m, entrando xa na zona da morte, onde o ser humano só pode vivir 48 horas a partir dos 8.000 m debido  á pouca concentración de osíxeno que hai na atmosfera. O último tramo é ata a cima, cun gran desnivel e unha gran ruta levando de 10 a 12 horas de marcha para logo estar na cima do mundo tan só 30 minutos debido a que se xoga a vida nesta famosa zona. 

K2: (8.611 m) Chamado K2 por ser o segundo pico do Karakorum, un cordal pertencente ao Himalaya. En urdu chámase Lambha Pahar (Montaña alta) e en baltí Chhogo Ri (Gran Montaña).
A primeira ascensión foi no año1954 e foi realizada por Lino Locedelli e Achille Compagnoni.
É unha montaña maldita para as mulleres,  xa que as cinco primeiras mulleres que o ascenderon morreron. Este maleficio foi roto pola alpinista vasca, Edurne Pasaban, que non só logrou escalar o K2, senón que ascendeu aos outros trece oitomil.

NCHENXUNGA: (8.586 m) Kangchen Dzönga (cinco tesouros da neve), xa que ten 5 picos superiores aos 8.000 m.

A primeira ascensión realizouse en 1955 por George Band e Joe Brawn.

LHOTSE: (8.516 m) Lhotse é o seu nome tibetano e o seu significado é pico sur. Ao principio considerábase unha montaña xa que esta a pouca distancia do monte Everest.

A primeira ascensión foi en 1956 realizada por unha expedición suíza, que ademais subiu o Everest. O Lhotse ten cinco rutas na súa cara sur e unha na súa cara oeste.

MAKALU: (8.463 m) En chinés dise Makaru e en Pinyin M
ǎkǎlǔ Shān. Esta a 22 km do Everest e foi ascendido por primeira vez en 1955 por LionelTerray e Jean Couzy.

Ten dous picos subsidiarios o Kangchungtse e o Chomo Lonzo.
CHO OYU: (8.201 m) O seu nome é tibetano Cho Oyu e significa deusa turquesa. É un dos oitomiles máis doados de ascender polo paso de Nangpa

A, que é un paso xeado que serve como ruta comercial entre o Tíbet e os sherpas de Khumbu. A primeira ascensión data de 1954 por unha expedición austríaca.

 

DHAULAGIRI: (8.167 m) O seu nome provén do sanscrito quees Dhavala Giri e significa montaña branca. O pico Dhaulagiri atópase nun macizo co mesmo nome, que é un cordón subsidiario da cordilleira do Himalaya. A primeira ascensión foi realizada en 1960 por Kurt Diemberger, Diener, Forrer, Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji.


MANASLU: (8.156 m) Manas significa mente en sanscrito e tamén coñécese como Kutang. A primeira ascensión foi en 1956 por un equipo xaponés.


NANGA PARBAT: (8.125 m) O seu nome en Urdu significa montaña espida, xa que é unha montaña illada que destaca polas súas neves sempre vivas. Considérase o oitomil máis perigoso, é chamada a montaña asasina.


ANNAPURNA: (8.091 m) Annapurna significa en sanscrito deusa das colleitas e no hinduismo Annapurna é a deusa da comida e da cociña. Neste lugar o montañeiro español,  César Pérez de Tudela di que tivo contacto co Ieti en 1973, dise que no Annapurna vive o Ieti. A primeira ascensión foi en 1950 realizada por Herzog e Lachenal. Foi a primeira cimeira ascendida de máis de 8.000 m conseguida polo ser humano.

GASHERBRUM I: (8.068 m) Tamén chamado K5 (5º pico do Karakorum) e Hidden Peak, por ser o pico máis lonxano do Karakorum. Foi ascendido por primeira vez no ano 1958 por PeteSchoening e Andy Kauffman.

BROAD PEAK: (8.047 m) ou K3 (3º pico do Karakorum) ou Faichan Kangri. Foi ascendido por alpinistas austríacos por primeira vez no ano 1957.


GASHERBRUM II: (8.035 m) Coñecido como K4 (4º pico do Karakorum) ou Graxa brum (montaña fermosa). É un dos picos máis accesibles e foi ascendido por unha sociedadaustríaca no ano 1956.
SHISHA PANGMA: (8.027 m) O seu nome oficial é Xixabangma, que é en tibetano cresta sobre planicie de herba, aínda que tamén se lle di en hindú Gosaithan que significa trono dos deuses. É o único pico que esta dentro do Tíbet na súa totalidade e a primeira ascensión foi realizada polo chinés Xu Jing no ano 1964, sendo o último oitomil en ser ascendido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario