14/10/12

OS 14 OITOMIL


Os cumios máis elevados do mundo teñen 14 picos que superan os 8.000 metros de altitude. O máis coñecido é o Everest (o teito do mundo) pero hai outros trece que teñen o privilexio de superar esta marca. Todos eles no cordal máis alto do planeta Terra, no cordal Mansiri Himal, ou o que é o mesmo o cordal do Himalaia.
Os 14 son: Everest, K2, Kanchenxunga, Lhotse, Makalu, Cho Oyu, Dhaulagiri, Manaslu, Nanga Parbat, Annapurna, Gasherbrum I, Broad Peak, Gasherbrum II e Shisha Pangma.
A continuación imos ir dicindo algúns datosde estes picos tan emblemáticos, imos ir de maior a menor altitude.

EVEREST: (8.848m) Foi chamado en honor ao xeral George Everest (xeógrafo e topógrafo galés responsábel de elaborar o primeiro mapa topográfico da India entre 1830 e 1843), aínda que na zona do val do Khumbu dise Deodunga (montaña sagrada), en nepalés chámase Sagarmatha (fronte do ceo) e en tibetano Chomolunga (Nai do universo).
A primeira ascensión foi realizada polo neocelandés Edmund Hillary e polo sherpa Tenzing Norgay en 1953.
Ten 15 rutas de ascensión e as máis importantes son a do outeiro norte e a do outeiro sur. Esta última describirase brevemente:  pártese dende Nepal na poboación de Lukla, a 2.860 metros de altitude, para que vos fagades unha idea os habitantes viven nun punto máis elevado que o cumio de Galicia (Pena Trevinca 2.127 m) coa súa correspondente falta de osíxeno que se dá na atmosfera a partir dos 2.000 metros. Dende aquí, coa axuda sherpas portadores, subirase ata o campo base, a uns 5.800 metros, todo o material necesario chegando a cargar ata 60 kg de masa no seu lombo. Chégase ao campo base, o val do Solu Khumbu. A partir de aquí necesitase a un sherpa de altura que acompaña e axuda aos escaladores a establecer os diferentes campos bases. O primeiro tramo ou Campo I sitúase aos 6.100m de altitude facendo a ruta ata a lingua de xeo do glaciar Khumbu, o tramo máis perigoso pois o glaciar está en constante movemento, móvese uns catro metros ao día. Dende o Campo I ao Campo II a 6.500 m atravésase o Val do Silencio, xa que pola súa orografía non hai case vento neste tramo. O terceiro tramo chega ao Campo III a 7.470 m escalando a cara norte do Lhotse, que comparte ruta co Everest, mediante unhas cordas fixas. O 4º tramo chega ao Campo IV a 8.000 m, entrando xa na zona da morte, onde o ser humano só pode vivir 48 horas a partir dos 8.000 m debido  á pouca concentración de osíxeno que hai na atmosfera. O último tramo é ata a cima, cun gran desnivel e unha gran ruta levando de 10 a 12 horas de marcha para logo estar na cima do mundo tan só 30 minutos debido a que se xoga a vida nesta famosa zona. 

K2: (8.611 m) Chamado K2 por ser o segundo pico do Karakorum, un cordal pertencente ao Himalaya. En urdu chámase Lambha Pahar (Montaña alta) e en baltí Chhogo Ri (Gran Montaña).
A primeira ascensión foi no año1954 e foi realizada por Lino Locedelli e Achille Compagnoni.
É unha montaña maldita para as mulleres,  xa que as cinco primeiras mulleres que o ascenderon morreron. Este maleficio foi roto pola alpinista vasca, Edurne Pasaban, que non só logrou escalar o K2, senón que ascendeu aos outros trece oitomil.

NCHENXUNGA: (8.586 m) Kangchen Dzönga (cinco tesouros da neve), xa que ten 5 picos superiores aos 8.000 m.

A primeira ascensión realizouse en 1955 por George Band e Joe Brawn.

LHOTSE: (8.516 m) Lhotse é o seu nome tibetano e o seu significado é pico sur. Ao principio considerábase unha montaña xa que esta a pouca distancia do monte Everest.

A primeira ascensión foi en 1956 realizada por unha expedición suíza, que ademais subiu o Everest. O Lhotse ten cinco rutas na súa cara sur e unha na súa cara oeste.

MAKALU: (8.463 m) En chinés dise Makaru e en Pinyin M
ǎkǎlǔ Shān. Esta a 22 km do Everest e foi ascendido por primeira vez en 1955 por LionelTerray e Jean Couzy.

Ten dous picos subsidiarios o Kangchungtse e o Chomo Lonzo.
CHO OYU: (8.201 m) O seu nome é tibetano Cho Oyu e significa deusa turquesa. É un dos oitomiles máis doados de ascender polo paso de Nangpa

A, que é un paso xeado que serve como ruta comercial entre o Tíbet e os sherpas de Khumbu. A primeira ascensión data de 1954 por unha expedición austríaca.

 

DHAULAGIRI: (8.167 m) O seu nome provén do sanscrito quees Dhavala Giri e significa montaña branca. O pico Dhaulagiri atópase nun macizo co mesmo nome, que é un cordón subsidiario da cordilleira do Himalaya. A primeira ascensión foi realizada en 1960 por Kurt Diemberger, Diener, Forrer, Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji.


MANASLU: (8.156 m) Manas significa mente en sanscrito e tamén coñécese como Kutang. A primeira ascensión foi en 1956 por un equipo xaponés.


NANGA PARBAT: (8.125 m) O seu nome en Urdu significa montaña espida, xa que é unha montaña illada que destaca polas súas neves sempre vivas. Considérase o oitomil máis perigoso, é chamada a montaña asasina.


ANNAPURNA: (8.091 m) Annapurna significa en sanscrito deusa das colleitas e no hinduismo Annapurna é a deusa da comida e da cociña. Neste lugar o montañeiro español,  César Pérez de Tudela di que tivo contacto co Ieti en 1973, dise que no Annapurna vive o Ieti. A primeira ascensión foi en 1950 realizada por Herzog e Lachenal. Foi a primeira cimeira ascendida de máis de 8.000 m conseguida polo ser humano.

GASHERBRUM I: (8.068 m) Tamén chamado K5 (5º pico do Karakorum) e Hidden Peak, por ser o pico máis lonxano do Karakorum. Foi ascendido por primeira vez no ano 1958 por PeteSchoening e Andy Kauffman.

BROAD PEAK: (8.047 m) ou K3 (3º pico do Karakorum) ou Faichan Kangri. Foi ascendido por alpinistas austríacos por primeira vez no ano 1957.


GASHERBRUM II: (8.035 m) Coñecido como K4 (4º pico do Karakorum) ou Graxa brum (montaña fermosa). É un dos picos máis accesibles e foi ascendido por unha sociedadaustríaca no ano 1956.
SHISHA PANGMA: (8.027 m) O seu nome oficial é Xixabangma, que é en tibetano cresta sobre planicie de herba, aínda que tamén se lle di en hindú Gosaithan que significa trono dos deuses. É o único pico que esta dentro do Tíbet na súa totalidade e a primeira ascensión foi realizada polo chinés Xu Jing no ano 1964, sendo o último oitomil en ser ascendido.

10/10/12

O MEDITERRÁNEO, UNHA ZONA INESTABLE DA TERRA. A erupción do Etna, o maior volcán activo de Europa

O 24 de novembro de 2006 as cinzas emitidas polo volcán Etna (situado na illa de Sicilia perto da localidade de Catania) acadaron unha altura de máis de 500 m, e obrigaron a pechar o aeroporto de Catania. As persoas que transitaban polas rúas tiveron que facelo cun paraugas aberto para se protexeren da chuvia de cinzas.
Do cráter Sueste segue xurdindo lava que escorrega suavemente polas abas do volcán, aínda que non representa un perigo para as persoas.
Aínda que a erupción de 1969 destruíu parcialmente a cidade de Catania e ao longo da súa historia sufriu diversos terremotos, os seus habitantes aprenderon a convivir coa actividade do volcán, que sempre causa inquietude.
Neste video podemos observar os efectos do volcán no ano 2002.

09/10/12

OS VOLCÁNS E A HISTORIA. O Vesubio destruíu as cidades de Pompeia e Herculano no ano 79

O Vesubio é un volcán activo situado fronte á baía de Nápoles (Italia) na rexión de Campania. A altitude é de 1.871 metros e pertence á cordilleira principal italiana, os Apeninos.


O 24 de agosto do ano 79 houbo unha erupción na que foron sepultadas as cidades do imperio romano Pompeia e Herculano. Tras aquel episodio, o volcán entrou en erupción en moitas ocasións. Considérase como un dos volcáns máis perigosos do mundo, xa que ao redor viven uns tres millóns de persoas e as súas erupcións foron moi violentas; trátase da zona volcánica máis densamente poboada do mundo. É o único volcán situado na parte continental de Europa en activo actualmente. Os outros dous volcáns italianos que entraron en erupción na centuria actual atópanse en illas: o Etna en Sicilia e o Stromboli nas illas Eolias.

Tanto gregos como romanos consideraban que se trataba dun lugar sagrado adicado ao heroe ou semideus Heracles/Hércules, do cal tomou o nome a cidade de Herculano, situada na base do monte.


Videos tu.tv

08/10/12

TEMPORAL NA CORUÑA (9-XI-2010)

A auga é un axente externo que erosiona o relevo.
As ondas mariñas actúan sobre o litoral desgastando as rochas e as áreas urbanizadas pola acción do home.
Observade os efectos devastadores que tivo o temporal no paseo marítmo coruñés o nove de novembro.



Outro vídeo nos presenta o que pasou no inverno do 2008.

07/10/12

Chus Lago, unha galega que atravesou o polo Sur

A alpinista galega converteuse na primeira muller española en alcanzar o Polo Sur xeográfico (fazaña que conseguíu o pasado 8 de xaneiro de 2009).
En Vigo foi recibida por moita xente e moitos dos seus familiares e amigos. Esperábaa a súa tía cunha tortilla de patacas na man. E é que a alpinista afirmou que, en máis dunha ocasión no seu periplo pola Antártida, soñaba con comer ese manxar, o que lle axudou a "levar mellor" o sufrimento.
Chus Lago percorreu durante 58 días a Antártida. No ano 1999 escalou o Everest.
«Sutís» diferenzas entre a viaxe ao Polo de Alberto de Mónaco e o de Chus Lago
O Libro Guinness abre as súas páxinas á xesta do príncipe Alberto de Mónaco, que o 16 de xaneiro (oito días despois da alpinista Chus Lago) converteuse no ser humano que realizou a viaxe máis cómoda e pracenteiro ao Polo sur.
Basta comparar a súa proeza coa excusión da galega Chus Lago, uns días antes, para valorar a verdadeira dimensión da súa empresa, de 1.238 quilómetros de percorrido, polos 1.130 da aventureira. Ademais, a realeza monegasca poderá presumir de cubrir en dez días o camiño que Chus completou en 59.
Si, porque poucos recordarán o día de mañá en Mónaco o sutil detalle de que a expedicionaria realizou o percorrido sobre esquíes, desafiando co seu corpo refachos de vento de 150 quilómetros por hora, mentres o príncipe usou para desprazarse unha moto de neve que desafiou as inclemencias do tempo co parabrisas e da que se apeou tan só dez quilómetros antes do obxectivo para chegar ao Polo sur esquiando.
Tampouco merece a pena incidir demasiado no trineo (pulka) de 130 quilos de peso que tivo que arrastrar Chus Lago durante a viaxe para dispor de provisións. á fin e ao cabo o príncipe cargou cos prismáticos e a bandeira que no nome de Mónaco cravou sobre chan antártico. Para maior gloria da nobreza retratou o momento á beira dun pingüín emperador.
En canto ao adestramento, a alpinista galega preparouse previamente en países nórdicos, tirando de trineos cun peso similar á pulka para ir practicando, mentres o chofer do príncipe arrastrou o Rolls-Royce varias veces ata os próximos Alpes para que don Alberto familiarizásese co aire xélido, similar ao que atoparía na súa aventura.
Unha aventura que realizou acompañado por un experto explorador surafricano, que sempre é máis meritorio, xa que se asume unha responsabilidade dobre ao ter que coidar do acompañante.

02/10/12

Europa bórrase do mapa. As proxeccións cartográficas

En 1988, uns investigadores da revista National Geographic pediron a 3.800 nenos de 49 países que debuxasen o mapa do mundo. A maioría dos rapaces - africanos, asiáticos, americanos - colocaron Europa no centro do mapa. Sen sabelo, reproduciron a mesma visión eurocéntrica legada polos seus antepasados dende a época colonial, a proxección de Mercator, a mesma que todo occidental ten na cabeza como un feito obxectivo ante o que non cabe a máis mínima dúbida.

Un mapa non é máis que unha ollada, trazada historicamente cunha carga ideolóxica, ás veces inocente, que adoita xerar controversia. Mentres o mapa do poder real no mundo está cambiando radicalmente, desprazando a Europa cada vez máis ao oeste e colocando no centro a Estados Unidos e a China, as vellas polémicas sobre o eurocentrismo seguen vivas.

As dúas proxeccións de mapas que máis axitaron o mundo da cartografía son as de Mercator (1569) e a de Peters (1974). Representar fielmente nun plano unha esfera achatada polos polos - un elipsoide de revolución, que dirían os expertos - é o reto dos cartógrafos desde o século XVI. Desgrazadamente, é imposible; sempre haberá unha parte que quede distorsionada.



En 1569, o pai de todos eles, o flamenco Gerardo Mercator ideou unha forma de proxectar o mundo esférico meténdoo nun cilindro. O mapa, unha ferramenta útil para os navegantes da época, é o mesmo que se ensinou nas escolas. Coloca Europa no centro e representa fielmente a forma dos continentes, pero esaxera os tamaños dos países a medida que se achegan aos polos. Grenlandia, por exemplo, aparece cun tamaño similar ao de África, aínda que a súa superficie é de 2,1 millóns de quilómetros cadrados, mentres que a do continente é de 30,1 millóns.

Da mesma forma, a masa continental do que aínda seguimos chamando norte ocupa moito máis espazo que a do sur. A realidade é que o sur ocupa o dobre, uns 100 millóns de quilómetros cadrados. En calquera caso, as inexactitudes de Mercator non poden atribuírse a supostas intencións deshonestas; o home só quería que os barcos non se perdesen no océano Atlántico.

Quen si resultou un experto en propaganda foi Arno Peters. En 1974, este berlinés que fora cineasta, organizou unha rolda de prensa para arremeter contra o mapa de Mercator e presentar o seu. A proxección de Peters respectaba as superficies reais dos países, pero non as súas siluetas, a maioría das que aparecían demasiado estiradas. Os cartógrafos derónlle no lombo -Arthur Robinson definiu o mapa como un calzón longo, mollado e farrapento colgado do Ártico - pero a visión politicamente correcta de Peters calou na Unesco e na ONG, que adoptaron o mapa para mostrar a súa sensibilidade cara a África e Asia. Ademais, Peters non fixera máis que apropiarse dunha proxección case idéntica elaborada en 1855 por James Gall, un relixioso escocés con menos sentido do espectáculo.



"Non soamente é doado mentir con mapas; é esencial", sinala o experto estadounidense Mark Monmonier no seu libro Como mentir con mapas (How to lie with maps, 1996), onde revisa como os mapas serviron historicamente para facer propaganda. Monmonier propón un método moito máis efectivo que o de Peters para resaltar a importancia crecente de China ou India: os cartogramas.

Este tipo de mapas non se fai atendendo ás coordenadas para representar con fidelidade a superficie terrestre. Son simplemente gráficos que permiten explicar como distribúense os países segundo determinadas variables estatísticas. A iso dedícanse páxinas web como worldmapper.org ou gapminder.org, ferramentas estupendas para elaborar cartogramas.

Como será o mapa do mundo dentro duns anos? Se pintásemos un cartograma xeopolítico que deixase claro quen manda no mundo, Todos os expertos consultados coinciden en que serán os avances tecnolóxicos os que determinarán principalmente quen mandará no mundo. "A ciencia é a que define a innovación e iso é o que marca a produtividade dun país e, polo tanto, o seu crecemento económico", sinala Fernando Vallespín, catedrático de Ciencia Política e da Administración. "China vai gañando poder militar. O centro cópano China e Os estados unidos", propón Cristina Manzano, directora da revista Foreign Policy en España.

"Hai outros factores, como a educación e o número de universidades potentes, pero todos están ligados a ese criterio económico e tecnolóxico", explica Antonio Marquina, catedrático de Seguridade e Cooperación nas Relacións Internacionais, que achega as predicións económicas do Goldman sachs para 2050. Segundo a análise do grupo de investimento, China e Os Estados Unidos coparían a primeira e segunda praza respectivamente. Outros países como Brasil, India e Rusia dominan as primeiras prazas. Só Alemaña segue mantendo certo poderío. España non aparece nin sequera na lista dos 20 primeiros. Unha proxección similar é a que achegan os expertos de Worldmapper para 2015.

Moitas cousas poden pór todo do revés de aquí a 2050, pero, probablemente, se a revista National Geographic repetise o seu experimento nesa data, os nenos europeos debuxarían a China e Os Estados Unidos no centro e arrinconarían a Europa ao extremo oeste do mapamundi.
Álvaro de Cózar, El País 20/03/2010

20/01/12

DOS CASTROS Á ROMANIZACIÓN

Nesta reportaxe de "Historias de Galicia" podemos observar como cambiou o habitat. Da época castrexa aos romanos.