28/10/17

Montes Drakensberg

Os Montes Drakensberg ("Montañas do Dragón" en afrikáans) son as montañas máis altas de Sudáfrica elevándose ata os 3482m de altura.
Resultado de imaxes para montes drakensberg
     Están situadas na parte oriental de Sudáfrica, correndo aproximadamente 1000 km xeneralmente do sudoeste ata o nordeste, cunha curva no noroeste que forma a fronteira do nordeste de Lesoto con Sudáfrica. Na cordilleira xorden: ao oeste os ríos Orange e Vaal e no sur algúns ríos máis pequenos; o río Tugela sería o máis grande.

     O pico máis alto é o Thabana Ntlenyana (tamén é o de Lesoto) de 3482m. Aínda que hai diferentes picos como o de Njesuthi de 3408m (o máis alto de Sudáfrica).

      As montañas están coronadas por unha capa de basalto de ata 1500m de espesor, coa pedra arenisca máis abaixo, resultando unha combinación de ladeiras escarpadas e cimas empinadas. As covas son frecuentes e moitas teñen pinturas rupestres.

      A neve cae con regularidade  en inverno, mentres que as choivas e as néboas suceden durante todo o ano.

      Moitos dos picos Drakensberg ofrecen desafíos para o alpinismo. Mentres que as cimas principais fóron xa alcanzadas as cimas menores teñen aínda que selo.

       O turismo nos Drakensberg está en desarrollo cunha variedade de hoteis e centros turísticos que xorden nas costas. A maioría das partes altas da cordilleira están declaradas áreas de protección ou cotos de caza. Nos Drakensberg, o parque nacionl máis coñecido e o Parque Nacional Nata Real, que posúe a segunda cascada máis alta na terra: o salto do Tugela que alcanza os 947m de altura.

1 comentario: