23/11/13

O RÍO DA CORUÑA CHÁMASE MONELOS

O RÍO QUE LATEXA BAIXO OS NOSOS PÉS

Tódalas grandes cidades teñen río. París ten ó río Sena, Londres ó Támesis, Viena o Danubio, Alexandría o río Nilo; a cidade de A Coruña tamén ten un grande río chamado Monelos.
Non ten a lonxitude do Nilo (o río máis longo do mundo) nin a caudalosidade do Amazonas pero é o río máis importante que temos a pesar da ignorancia e o maltrato padecido.


Trátase dun río que está na súa maioría de percorrido mergullado por debaixo das nosas avenidas e rúas e transformado nunha verdadeira Cloaca Máxima como na Roma antiga. O río Monelos (que se chama Mesoiro) canda atravesa o noso barrio e que pasa a poucos metros do instituto, non ten os caimáns dos ríos ecuatoriais pero si unha gran variedade de fauna bañándose nas súas augas turbas por onde navegan veleiros de ferralla e nubes de deterxente.


Dende os outeiros de Feáns ó Areal de San Diego, o río Monelos está hoxe tristemente esquecido, canalizado, sepultado. A súa canle regaba as leiras vizosas de Elviña, San Cristovo das Viñas, Monelos e a Gaiteira. Del bebían as Cernadas, a Camposa, a Horta Grande, O Carracedo, as Mariñas Douradas.
Co paso do tempo, o río foise convertendo no sumidoiro onde ían parar tódalas augas escuras.
O seu traxecto é pequeno, máis intenso, varios brazos importantes enchen o seu caudal. O principal nace un chisco máis arriba do lugar da Castiñeira, rega o val de Feáns e tira cara Mesoiro.
Para salvar o desnivel, formaba unha fervenza que servía para mover as rodas dun batán ou martinete que lle deu nome ó lugar; este tramo de río foi recentemente entubado e fervenza da Coruña desapareceu sen que puidésemos facerlle unha despedida.
Tras estes antigos rápidos, o río volve agromar á superficie (despois de atravesar por embaixo o polígono de Pocomaco). Segue por Someso e a Cabana ata a Ponte de Pedra, onde se axunta cos outros brazos de auga que enchen o seu caudal.
Outro rego nace en Pastoriza, baixa por onda Meicende, a Grela, o Bosque, chega ata San Cristovo das Viñas e desauga no principal nas Laxes de Orro.
Na Fontenova principia outro regato, pasa polas Torres Velas e desemboca no anterior á altura do Bosque.
Da parte de Elviña, dende os rueiros do Souto e do Escorial tamén baixa un afluente importante. E outro máis vén dende Eirís de Abaixo, cruza as Cernandas ata a Ponde de Pedra. Na actualidade, a partir da Ponte de Pedra, o río desaparece definitivamente convertido en sumidoiro. Xusto aquí o río do recordo entraba na Granxa Agrícola. O noso río servía de fronteira, dende aquí ata a súa desembocadura, entre o concello da Coruña e o antigo concello de Oza.
Tiña sona de regato, mais o seu caudal era quen de mover os rodicios dos muíños de Reboredo e da Trigá.
Tras dos muíños, tirando cara á Gaiteira, tamén tiña a súa particular conca do Rhur, comporta pola fundición de “Solórzano” os depósitos da Campsa e a antiga estación do ferrocarril.
Antes do encontro final coa inmensidade oceánica no Areal de San Diego, o río Monelos, na súa vellez, vivía unha experiencia mística e transcendente na Horta das Monxas, entre canas de bambú.
Xa que na cidade non hai sitio para el, que ninguén nos roube a súa memoria. 


15/09/13

A TERRA VISTA DENDE NEPTUNO

En 1990, cando o Voyager 2 deixou Neptuno e dispúxose a saír do Sistema Solar, virou para tomar a última foto da Terra. Entón puidemos ver a imaxe máis lonxana dela, a 6.000 millóns de quilómetros.

Un importante astrónomo norteamericano, Carl Sagan, fai unha reflexión sobre a Terra no Universo.

O punto máis distante así,
tal vez non teña un particular interese,
pero para nós é diferente.
Consideremos novamente este punto.
Isto que está aquí, é o noso fogar
iso somos nós
nel están tódolos que amamos,
tódolos que coñeces,
tódolos de quen escóitache falar
e tódolos seres humanos quen fosen,
que viviron as súas vidas.
O conxunto da nosa ledicia e o noso sufrimento.
Miles de relixións, ideoloxías e doutrinas económicas.
Cada cazador e cada recolector,
cada heroe e cada covarde,
cada creador e destrutor de civilizacións,
cada rei e cada plebeo,
cada xove parella de namorados,
cada nai e pai.
Nenos con esperanza
Inventores e exploradores
cada formador de moral,
cada “superstar”,
cada “líder supremo”,
cada santo e pecador da historia da nosa especie.
Unha mota de po suspendida nun raio de sol.
A Terra non é máis que un pequenísimo gran
que forma parte dunha praia de area cósmica.
Pensa nos ríos de sangue
derramados por centos de xenerais e emperadores
para conseguir a gloria e ser os amos momentáneos
dunha fracción do punto.
Pensa nas crueis visitas sen fin
que os habitantes dunha esquina deste píxel
fixeron contra os a penas distinguíbeis habitantes
dalgunha outra esquina.
A impaciencia por matarse uns a outros,
a xeración de ferventes odios,
as nosas posturas,
a nosa presunción imaxinada,
a falsa ilusión que temos de ter un lugar privilexiado no Universo
son desafiadas por este pálido punto de luz.
O noso planeta é unha mota solidaria.
Na inmensa escuridade cósmica,
en toda esta extensa escuridade,
non hai ningunha pista.
Que a axuda virá doutra parte para salvarnos de nós mesmos.
A Terra é o único mundo coñecido ata o momento capaz de albergar vida.
Non existe outro lugar ao cal a nosa especie poida migrar.
Visitar?
Sí.
Establecerse?
Aínda non.
Gústenos ou non polo momento,
a Terra é o lugar onde estamos.
Díxose que a astronomía é unha experiencia construtora de carácter e humildade.
Quizais non exista maior demostración da tolería da presunción humana
que esta imaxe distante
do noso diminuto mundo.
Para min,
recálcase a nosa responsabilidade
de compartir máis amablemente uns cos outros.
Para preservar e coidar
este puntiño azul pálido
que temos coñecido
Carl Sagan (1934-1996)

29/05/13

A BATALLA DE MARATÓN

Esta batalla deu nome á proba máis importante das Olimpiadas

O maratón é unha proba atlética de resistencia coa categoría olímpica que consiste en percorrer unha distancia de 42.195 metros. Forma parte do programa olímpico na súa categoría masculina dende 1896, e en 1984 incorporouse a categoría feminina.
A súa orixe atópase na xesta do soldado grego Filípides quen no ano 490 a.C. (batalla de Maratón), morreu de fatiga tras ter percorrido esta distancia dende a localidade de Maratón ata Atenas para anunciar a vitoria sobre o exército persa. En honor á hazaña de Filípedes creouse unha competición co nome de maratón. Esta proba quedará incluída nos xogos olímpicos contemporáneos de 1896, celebrados en Atenas, polo Barón Pierre de Coubertin.
Nestes primeiros xogos Olímpicos o gran heroe foi o gañador da proba do maratón, un pastor grego, que foi seleccionado case por obriga por un oficial do exército grego. Antes da saída permaneceu dous días en oración e facendo xaxún. Ao final da carreira entrou en solitario pola meta para delirio dos seus compatriotas, salvando así a honra helénica, dado que foi o único triunfo grego nunha proba de atletismo nestes xogos. Esta vitoria o convertiu nun personaxe rico, incluso un carniceiro ofreceuse a darlle carne de por vida e un zapateiro a calzalo. Morreu sen faltarlle de nada.
Os 42.195 m polos que hoxe en día coñecemos o Maratón datan do ano 1908, cando se celebraron os xogos Olímpicos de Londres e a raíña estableceu, sen querelo, esta lonxitude como a distancia  oficial da carreira de resistencia por antonomasia. Os 42 quilómetros do maratón eran a distancia que había entre Windsor do estadio de White City, en Londres. Os derradeiros metros foron engadidos para que o final tivese lugar fronte o palco presidencial do estadio.

 

42 quilómetros sen zapatillas

Hai máis de 50 anos o etíope Bikila gañou a proba de maratón nas olimpiada Roma

 

Non o coñecía ninguén. Abebe Bikila presentouse nos Xogos Olímpicos de Roma como un neno. Cheo de ilusión e con moitas gañas de impresionar. Cóntase incluso que aquel 10 de setembro de 1960 os espectadores cruzaban apostas acerca de cantos quilómetros do maratón aguantarían aqueles dous atletas etípoes, camisola verde oliveira e pantalón vermello, que se presentaron descalzos na liña de saída.
Só un home cría neles. O seu entrenador. O sueco Niskanen, reclutado polo Goberno etíope para detectar atalentoss atléticos, aseguraba que o máis alto dos dous chegaría á meta e antes que ninguén. Bikila fora engadido, pouco antes de que despegara o avión para Roma. Substituíu ao seu compatriota Bitatu, que se fracturara o nocelo xogando ao fútbol. Abebe, sarxento da garda persoal do emperador Haile Selassie (O Negus) presentouse nos Xogos sen zapatillas. A marca Adidas, patrocinadora olímpica, facilitoulle un par para que as utilizase no maratón. O atleta probounos. Chegou a entrenarse con elas, peron non terminaron de convencerlle. Poucas horas antes da saída, o atleta tomou a decisión de correr descalzo.
A proba contaba cun favorito claro, o marroquí Rhadi, gañador aquel ano do prestixiosos Cross das Nacións. Ao paso polos 20 quilómetros (1h02:49, un ritmo rápido), Rhadi comprobou con sorpresa que aquel etiópe dos pés espidos seguía ao seu lado.
Vista dende o outro lado, a historia era diferente. Niskanen avisar a Bikila de que se fixara no dorsal número 26, o de Rhadi, e se pegase a el. Pero por algunha razón, o marroquí non se colocara o dorsal oficial do maratón senon o que utilizou días antes nos 10.000 metros. O etíope Bikila mirou a todas partes non pelotón ignorando que Rhadi co número 185 era o home que corría ao seu lado.
Caeu a noite na cidade eterna. A Vía Apia presentaba un aspecto máxico, iluminada con miles de antorchas para conducir aos atletas ata o Arco de Constantino, baixo o que se atopaba a meta. De pronto apereceu o home descalzo. Bikila tomara vantaxe ao fina e cruzou a meta nun crono de 2h15:16.2, unha nova mellor marca mundial.

 

27/05/13

HERACLES (HÉRCULES) UN HEROE

Heracles/Hércules Heracles ou Hércules era un dos deuses máis importantes da mitoloxía grega. Fillo de Zeus e unha mortal, Alcmena, representaba a forza física empregada para liberar ao mundo e aos homes de monstros. A figura de Heracles está moi presente en todo o Mediterráneo e identificouse con héroes doutras culturas. A nosa cultura abunda en lugares e monumentos relacionados con Hércules ou Heracles. Recordas algún? 
View more presentations from Susana Losada

13/02/13

Megalitismo na ría de Arousa

A illa dos mortos

Sabedes que nos illotes cercanos á Illa de Arousa hai restos de antigos dólmenes? Un conto, non é prehistoria pero pode ser real como a poesía, a mitoloxía e a literatura...: A illa de Avalon onde estan os antigos restos do rei Arturo ao mellor están nesta illa.

11/02/13

GROENLANDIA

THULÉ O LUGAR HABITADO SITUADO MÁIS O NORTE DO MUNDO

Grenlandia (en kalaallisut: Kalaallit Nunaat, ou Terra dos Grenlandeses, en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie está cuberta por xeo, ademais do país cunha menor densidade de poboación.
 Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Grenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende fai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.
Groenlandia ten 2.166.086 km² (algo máis de catro veces España). É a illa máis grande do mundo despois da illa continente de Australia. Preto do 80% do territorio (1.755.637 km²) está cuberto de xeo, polo que constitúe a segunda reserva deste no planeta, por detrás da existente na Antártida. Por outra banda, a superficie libre de xeo (410.449 km²) é maior que a de Xapón, cunha baixa densidade de poboación. O extremo setentrional da illa está libre da capa de xeo, debido a que o aire é demasiado seco para producir a neve esencial para a creación da capa de xeo. 
Cun clima polar, posúe apenas unhas pequenas zonas costeiras onde a temperatura durante o verán supera os 10 °C, polo que a súa vexetación é de tundra e a agricultura inexistente.


Divisións políticas de Groenlandia
Concello
Superficie
Poboación
Mapa
Kujalleq
32.500km²
9.700 habitantes (2009)
Qaasuitsup
660.000 km²
19.000 habitantes (2009)
Qeqqata
115.500 km²
12.300 habitantes (2009)
Sermersooq
635.600 km²
23.000 habitantes (2009)

O Parque Nacional de Grenlandia do nordeste é unha área non incorporada e non forma parte de ningún concello, sendo ademais o parque nacional máis grande do mundo, cunha área de 972.000 kilómetros cadrados. A base aérea de Thule é unha área non incorporada como enclave dentro do municipio de Qaasuitsup.
Área
Superficie
Poboación
Mapa
Parque Nacional de Grenlandia do nordeste
972.000 km²
50 habitantes (2009)


Poboación

Groenlandia ten unha poboación estimada no ano 2009 de 57.600 habitantes, dos cales 88% son inuit ou mestizos de dinamarqueses e inuit, sendo o 12% restante de orixe europea, principalmente procedentes de Dinamarca.
A maioría da poboación é luterana e viven principalmente ao longo dos fiordes do sudoeste da illa principal, onde se atopa a capital Nuuk, xa que posúen alí un clima relativamente ameno. O interior da illa atópase deshabitado.

Lingua

Tanto o grenlandés como o dinamarqués foron utilizados en asuntos públicos dende o establecemento do goberno autónomo en 1979, e a maioría da poboación fala ambas as linguas.
O grenlandés é a lingua máis popular das linguas esquimo-aleutianas e posúe máis falantes que todas as outras linguas da familia xuntas. Dentro de Grenlandia, tres dialectos son recoñecidos dentro desta lingua.

Economía

Grenlandia posúe abondosos recursos minerais, entre os que destacan o zinc, chumbo, mineral de ferro, carbón, molibdeno, ouro, platino e uranio. En 1994, o descubrimento de petróleo, zinc e ouro, promete mudar a economía, aínda bastante dependente de Dinamarca, así pois hoxe a economía baséase na extracción de bens minerais ademais da pesca e caza de focas e baleas. A caza da foca marca a vida dos habitantes do norte, dependendo hoxe criticamente da pesca e das exportacións de pescado, sendo a industria da pesca de camaróns a máis rendible do país, xunto coa emisión e venta de selos postais.
O turismo é o único sector con algún potencial a curto prazo, mais é limitado debido á curta temporada e aos custos elevados. O sector público, incluíndo empresas públicas e municipios, desempeña un papel predominante na economía de Grenlandia.

THULÉ

(Tuli o Tyle) é un termo usado na antigüidade  para referirse a un lugar, xeralmente unha illa, no norte lonxano, xeralmente Escandinavia.
«Derradeira Thule» na xeografía romana e medieval pode ser calquera lugar distante situado máis alá das fronteiras do mundo coñecido.
Thulé é na actualidade o nome dunha base polar fundade en 1910 por Knud Rasmussen no norte da vía de Baffin que chegou ser un concello da Grenlandia gobernada por Dinamarca. Os thule, unha cultura paleo-esquimal antecesora dos inuit groenlandeses modernos, denominaron Thulé á rexión. En 1953, no contexto da guerra fría, os Estados Unidos estableceron unha base aérea. A poboación nativa foi forzada a restablecerse en Qaanaaq, a 108 kilómetros ao norte. Vívese fundamentalmente da caza na actualidade.