16/02/13
14/02/13
13/02/13
Megalitismo na ría de Arousa
A illa dos mortos
Sabedes que nos illotes cercanos á Illa de Arousa hai restos de antigos dólmenes? Un conto, non é prehistoria pero pode ser real como a poesía, a mitoloxía e a literatura...: A illa de Avalon onde estan os antigos restos do rei Arturo ao mellor están nesta illa.
11/02/13
GROENLANDIA
THULÉ O LUGAR HABITADO SITUADO MÁIS O NORTE DO MUNDO
Grenlandia (en kalaallisut: Kalaallit Nunaat, ou Terra dos Grenlandeses, en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie está cuberta por xeo, ademais do país cunha menor densidade de poboación.
Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Grenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende fai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.
Groenlandia ten 2.166.086 km² (algo máis de catro veces España). É a illa máis grande do mundo despois da illa continente de Australia. Preto do 80% do territorio (1.755.637 km²) está cuberto de xeo, polo que constitúe a segunda reserva deste no planeta, por detrás da existente na Antártida. Por outra banda, a superficie libre de xeo (410.449 km²) é maior que a de Xapón, cunha baixa densidade de poboación. O extremo setentrional da illa está libre da capa de xeo, debido a que o aire é demasiado seco para producir a neve esencial para a creación da capa de xeo.
Cun clima polar, posúe apenas unhas pequenas zonas costeiras onde a temperatura durante o verán supera os 10 °C, polo que a súa vexetación é de tundra e a agricultura inexistente.
Divisións políticas de Groenlandia
Concello
|
Superficie
|
Poboación
|
Mapa
|
Kujalleq
|
32.500km²
|
9.700 habitantes (2009)
| |
Qaasuitsup
|
660.000 km²
|
19.000 habitantes (2009)
| |
Qeqqata
|
115.500 km²
|
12.300 habitantes (2009)
| |
Sermersooq
|
635.600 km²
|
23.000 habitantes (2009)
|
O Parque Nacional de Grenlandia do nordeste é unha área non incorporada e non forma parte de ningún concello, sendo ademais o parque nacional máis grande do mundo, cunha área de 972.000 kilómetros cadrados. A base aérea de Thule é unha área non incorporada como enclave dentro do municipio de Qaasuitsup.
Área
|
Superficie
|
Poboación
|
Mapa
|
Parque Nacional de Grenlandia do nordeste
|
972.000 km²
|
50 habitantes (2009)
|
|
Poboación
Groenlandia ten unha poboación estimada no ano 2009 de 57.600 habitantes, dos cales 88% son inuit ou mestizos de dinamarqueses e inuit, sendo o 12% restante de orixe europea, principalmente procedentes de Dinamarca.
A maioría da poboación é luterana e viven principalmente ao longo dos fiordes do sudoeste da illa principal, onde se atopa a capital Nuuk, xa que posúen alí un clima relativamente ameno. O interior da illa atópase deshabitado.
Lingua
Tanto o grenlandés como o dinamarqués foron utilizados en asuntos públicos dende o establecemento do goberno autónomo en 1979, e a maioría da poboación fala ambas as linguas.
O grenlandés é a lingua máis popular das linguas esquimo-aleutianas e posúe máis falantes que todas as outras linguas da familia xuntas. Dentro de Grenlandia, tres dialectos son recoñecidos dentro desta lingua.
Economía
Grenlandia posúe abondosos recursos minerais, entre os que destacan o zinc, chumbo, mineral de ferro, carbón, molibdeno, ouro, platino e uranio. En 1994, o descubrimento de petróleo, zinc e ouro, promete mudar a economía, aínda bastante dependente de Dinamarca, así pois hoxe a economía baséase na extracción de bens minerais ademais da pesca e caza de focas e baleas. A caza da foca marca a vida dos habitantes do norte, dependendo hoxe criticamente da pesca e das exportacións de pescado, sendo a industria da pesca de camaróns a máis rendible do país, xunto coa emisión e venta de selos postais.
O turismo é o único sector con algún potencial a curto prazo, mais é limitado debido á curta temporada e aos custos elevados. O sector público, incluíndo empresas públicas e municipios, desempeña un papel predominante na economía de Grenlandia.
THULÉ
(Tuli o Tyle) é un termo usado na antigüidade para referirse a un lugar, xeralmente unha illa, no norte lonxano, xeralmente Escandinavia.
«Derradeira Thule» na xeografía romana e medieval pode ser calquera lugar distante situado máis alá das fronteiras do mundo coñecido.
Thulé é na actualidade o nome dunha base polar fundade en 1910 por Knud Rasmussen no norte da vía de Baffin que chegou ser un concello da Grenlandia gobernada por Dinamarca. Os thule, unha cultura paleo-esquimal antecesora dos inuit groenlandeses modernos, denominaron Thulé á rexión. En 1953, no contexto da guerra fría, os Estados Unidos estableceron unha base aérea. A poboación nativa foi forzada a restablecerse en Qaanaaq, a 108 kilómetros ao norte. Vívese fundamentalmente da caza na actualidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)