29/09/18

Córcega



Corcega e unha illa que ten unha superficie de 8680km2 e 322.000 habitantes, é unha das trece regións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa, atópase preto de Italia.

A súa capital e cidade máis poblada e Ajaccio.É a cuarta illa máis grande do Mar Mediterráneo. Ten unha extensión de 183km na sua parte máis longa, e 83 km na súa parte máis curta. Ten preto de 1000km de costa,  nas que se atopan dúas centenas de praias paradisíacas, tamén te grandes acantilados.

Conta cun gran número de montañas, sendo Monte Cinto o pico máis alto con 2706 m de altitude. Ademáis, hai outras vinte que miden máis de 2000m. As montañas cobren dous terzos da illa, formando unha única cordilleira.

Aproximadamente 4020km2 están cubertos por bosques, o que representa a mitade da illa. Ademais, la superficie total, uns 3500 km2 son reservas naturais.

O clima é polo xeral de tipo mediterráneo, con veráns cálidos e secos, e invernos suaves e chuviosos xunto á costa, facéndose máis fríos e con nevadas nas montañas do interior, en función da altitude.

Córcega ten unha gran cantidade de ríos. Orixínanse en gran parte nos lagos e montañas da zona interior, formando rápidos e cascadas.

Unha curiosidade é que importantes personaxes históricos son de orixe corso, como por exemplo napoleón Bonaparte e Pascuale Paoli.  

1 comentario: