02/10/18

ALPES DO SUR

                        Resultado de imagen de alpes del sur

Estos montes están en Nova Zelanda unha illa preto de Australia (Oceanía).O pico máis alto é o Aoraki a 3754 metros . Foron bautizados polo Capitán Cook en 1770.  Pero xa os descubrira Abel Tasman en 1642 .  Hai aproximademente 1200 anos .O mar que hai máis preto de esta cordilleira é o Mar Tastamia .Estos montes eu non os coñecía e veo que son bastante importantes porque teñen una temperatura moi fría .Está case tan deshabitada como a Antártida non vive case ninguén.


01/10/18

Mar Xónico



O Mar Xónico comprende  unha porción de Mar Mediterraneo que limita con Italia na parte sur da península, xusto debaixo da "bota". As rexións que o bañan son Sicilia, Calabria, Basilicata e Puglia.

É o Mar máis grande de Italia, alcanzando  as costas de Albania,  Grecia o Este e Libia o sur.

A historia do Mar Xónico  escribírona os gregos, que cruzaron as suas augas para establecer as suas colonias na costa do sur de Italia e a costa oriental de Sicilia, Siracusa...

Despois os romanos fixéronse con este territorio marítimo. Pero a República de Venecia sacoulle  maior  partido a navegación, dando saida o Mediterráneo o comercio de Venecia.

A economía das zonas do Mar Xónico foron pesqueiras. No seculo  XIX empezou o turismo de localidades balnearias en Taormina (Sicilia) e outras localidades cercanas.

As augas do Mar Xónico son profundas e altas en salinidade. A temperatura en invierno é de 13/15ºC e en verán de 23/26ºC .

As fortes  correntes debense a  diferencia de salinidade se lle unimos a forza do Mar Adriático e do Tirreno provocan turbulencias e oleaxe.




PESCA NO MAR XONICO


En xeral  tratase dun mar pobre en nutrientes, por mor das grandes profundidades, dos ventos e das correntes. Ainda  así o Golfo de Taranto posee uns dos millores bancos de peixes, entre eles atúns e peixes espada.

















30/09/18

Everest






                         


Curiosidades: cumpre 60 anos desde que se coronou por

primeira
vez,desde enton
 subiron 6.208 personas por desgracia al menos morreron 240 persoas.Que son mais que ataques detiburones a o ano.
A primeira muller en coroa a cima de esta montaña foi Junko Tabei.

informacion:E unha montaña de8.848 metros e a MONTAÑA mais grande da Terra.Sua unidade de relieve e o Hymalaia,sua latitud e de 27 59 N
e a sua lungitud mais o menos e de 86 56 E.






29/09/18

Córcega



Corcega e unha illa que ten unha superficie de 8680km2 e 322.000 habitantes, é unha das trece regións que, xunto cos territorios de Ultramar, conforman a República Francesa, atópase preto de Italia.

A súa capital e cidade máis poblada e Ajaccio.É a cuarta illa máis grande do Mar Mediterráneo. Ten unha extensión de 183km na sua parte máis longa, e 83 km na súa parte máis curta. Ten preto de 1000km de costa,  nas que se atopan dúas centenas de praias paradisíacas, tamén te grandes acantilados.

Conta cun gran número de montañas, sendo Monte Cinto o pico máis alto con 2706 m de altitude. Ademáis, hai outras vinte que miden máis de 2000m. As montañas cobren dous terzos da illa, formando unha única cordilleira.

Aproximadamente 4020km2 están cubertos por bosques, o que representa a mitade da illa. Ademais, la superficie total, uns 3500 km2 son reservas naturais.

O clima é polo xeral de tipo mediterráneo, con veráns cálidos e secos, e invernos suaves e chuviosos xunto á costa, facéndose máis fríos e con nevadas nas montañas do interior, en función da altitude.

Córcega ten unha gran cantidade de ríos. Orixínanse en gran parte nos lagos e montañas da zona interior, formando rápidos e cascadas.

Unha curiosidade é que importantes personaxes históricos son de orixe corso, como por exemplo napoleón Bonaparte e Pascuale Paoli.  

28/09/18

Montes Apalaches


Os Montes Apalaches e unha importante serra ubicada no este de Norteamérica . Se extende desde a isla de Tarranova en Canadá , aínda que a súa parte máis septentrional  termina na península de Gaspé.

O sistema está divido  unha serie de cordilleira,  nas que a medida de altura dos picos é duns 1.000 mns . A cima máis elevada e os Montes Mitchell, en Carolina do Norte . Mide 2.037 metros sobre o nivel do mar é e o punto máis alto de Estados Unidos ao este o río Missippi e de todo o este de Norteamérica.

Os membros da expedición de Pánfilo de Narváez como Alvar Núñez Cabeza de Vaca, encontraron un pobo nativo americano cerca da actual Tallahassee, Florida.

A lonxitude e de 2.400 km é a anchura e de 200 e 300 km.


27/09/18

MAR DO NORTE

O mar do norte é un mar marxinal que está constituido  por estos paises: Noruega , Dinamarca,Reino Unido,Alemaña,Paises Baixos,Belxica e Francia tamén estan as illas Britanicas.
Está situado as costas de Noruega , de Dinamarca no leste,as Illas Britanicas ao oeste e tamén están Alemaña,os Píses Baixos,Belxica e Francia ao sur.
O estreito de Skagerrak constitue unha espegie de baíaao leste do mar,o cal conecta co Báltico á traves da baía cattegat;tamén está conectado co Báltico atraves da canle de Kiel. A canle da Manchaatraves do paso Calais conéctao ao resto do Atlántico,polo sur,mentres que polo norte conecta  en traves do Mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.
Este mar ten unha superficie de 750 000 Km2,unha lonxitude de 960 km e unha anchura maxima de 480 km.
Ten varios golfos e baías como por exemplo: FiordeMoray Firth,Fiordo de Forth,The wash e Estuaria do Tamesis.



Imagen relacionada








26/09/18

Estreito do Bósforo

Istanbul and Bosporus big.jpgE  un estreito que separa a parte a parta europea
Hay dous pontes sobre este estreito. Situase en turquía y hay duas cidades costeiras. Situase entre o Mar Negro e o Mar de Mármara

24/09/18

Mar Tirreno

Mar Tirreno:
O Mar Tirreno e a parte do mar Mediterráneo,e un mar interior de Italia.A su profundidade e de 3.731 metros e a súa superficie e de 275.000 km²,se caracteriza por as abundantes cadenas montañosas pertenecentes as fallas das placas tectónicas europeas e africanas,o que polotanto producese actividade volcánica con frecuencia.

A súa actividade Pesqueira non e moi grande.

O Mar Tirreno as súas islas:
Lipari,Estrómboli,Isla Vulcano,Panarea,Isla de Salina,Isla del Giglio,Isla e Ustica…

Islas interiores:
Archipiélago Toscano,islas Pontinas,islas Eolias,islas Egadas,Capri,Procida,Ischia e Ustica.

Archipiélagos:
Isla Cirella,Isla de Dino,Escollos de Coreca…

Divisións(nes):
Córcega,Cerdeña,Toscana,Lacio,Campaña,Calabria,Sicilia.

Os seus mares próximos:
Mar de Liguaria,Mar Jónico e o Mar Mediterráneo.

O Mar Mediterráneo está unido a o Mar Jónico por o estrecho de Mesina e separado do mar de Liguria por a islado Elba.Se encontra próximo a o fall que divide África e Europa polo que abundan as súas cadeas montañosas e os volcans.









23/09/18

Pico Aneto .

                         O pico Aneto e o pico máis elevado da cordillera Pirenaica con 3404 metros sobre o nivel do mar . Situase  no parque natural Posets-Maladeta no municipio de Benasque. La ascension al Aneto e a máis dura dos Pirineos












Hoxe día 27/11/2018 no aneto hai - 26 grados bajo cero
A 1600 m de altitude hai unha vexetacion humeda formada por fresnos , sauces e álamos.Tamén hai moita fauna de animales  como a perdiz nival , el treparriscos , la marmota , a salamandra común etc.. Algunhos animales que fai tempo extinguironse estan aqui  como o alto Aragón ou o oso pardo , los únicos indicios de su presencia son as suas cazas ou as suas huellas . Isto e increible!!!


                                     

22/09/18

Sudetes

A rexión dos SUDETES foi un territorio, actualmente na REPÚBLICA CHECA, habitado  por  de
lingua e cultura alemá.
Mapa de República Checa
Tiña unha superficie de 28.943km² e ocupa parte dos territorios de BOHEMIA, MORAVIA e SILESIA que facían fronteira con outros estrados, e a pesar do seu nome so unha parte situada propiamente na rexión xeográfica dos SUDETES.

Coa independencia CHECOSLOVAQUIA en 1918 a rexión adquiriu entidade, diferenciada primeiro como provincia

(que branguía so unha parte da rexión dos SUDETES) e coa ocupación nazi como rexión de ALEMAÑA.Tras a derrota da Alemaña nazi o territorio foille devolto a CHECOSLOVAQUIA 
e a maior parte da poboación de etnia Alemá deixou o territorio, hoxe o territorio carece de especificade propia.
































21/09/18

Irlanda

Diferenzase de Irlanda do Norte porque e un país da Unión Europea.Ocupa a gran parte da illa de Irlanda.A sua capital e Dublín. Situada no este da illa. So ten unha fronteira terrestre con Irlanda do Norte. Unha das nacións constitutivas de Reino Unido. A illa esta rodeada por o Océano Atlántico e ten o Mar Céltico ao Sur.O canal de San Jorge ao Sureste e o Mar de Irlanda ao Este.E unha república parlamentaria con un presidente electo que exerce de xefe do Estado.A sua superficie e de 84.421 km cuadrados.O interior do país e cha, esta atravesado por ríos . O centro do país esta bañado por varios ríos como o Shannon. A costa oeste esta composta de acantilados de mar.



20/09/18

Depresión do Ebro


A Depresión do Ebro (España) é unha amplia rexión do nordeste da Península Ibérica por onde discurre o río Ebro. O Ebro nace na Cordilleira Cantábrica e desemboca no mar Mediterráneo. O valle do Ebro está limitado pola Cordilleira dos Pirineos ó Norte, o Sistema Ibérico ó Sur e a Cordillera Costero-Catalá ó Este.
Ten unha superficie aproximada de 40.000 km² e una lonxitude de 840 km.


A Depresión ten unha altura media de 200 metros sobre o nivel do mar, o que destaca coas grandes elevacións que a rodean. Na desembocadura do río está o Delta do Ebro.



19/09/18

Sierra Morena










Sierra Morena é unha cordilleira do sur de España que separa a Meseta Central da depresión bética.
Xeoloxicamente é o bordo da Meseta fraturado e levantado polo empurrar das forzas alpinas sobre o zócalo herciano da Meseta. Ten 400 quilómetros de lonxitude. Esta cordilleira separa a España Herciniana, da cal forma parte, da España alpina.

Culturalmente, é coñecida por ser o escenario no que Cervantes situou unha parte das aventuras de Don Quixote da Mancha.
Sectores de Sierra Morena:
a) Sector onubense:  con estrutura relativamente sinxela formada por pregues-falla.
b) Sector sevillano: tamén formado por unha flexión.
c) Sector cordobés: formado por unha falla típica (Val do Guadalquivir) e un labio erguido (Sierra Morena).
d) Sector Xienense: o máis complicado, contendo fallas escalonadas.

Existen explotacións mineiras, onde se extraen minerais como a pirita, o cobre, ouro e prata, chumbo, etc.

18/09/18

Cerdeña

           

                                   

           Cerdeña é unha illa perteneciente á República Italiana. A súa capital é Cagliari.
      É a segunda illa máis grande do Mediterráneo, xa que ten unha superficie de
      24.100 km cuadrados. O 80% do seu territorio son montañas e colinas non moi
      elevadas.
            Punta Mármora é a montaña máis alta cuns 1.834 m de altura, situada no
      macizo Gennargentu.
Resultado de imagen de punta la marmora sardinia
Gennargentu.
            Os seus ríos son de pouco caudal xa que na illa non chove moito. Os máis
      importantes son: o Tirso de 152 km é o máis longo, o Flumendosa de 127 km é
      o máis caudaloso e o Coghinas de 115 km.
          
Resultado de imagen de rio tirso cerdeña
Río Tirso.
                                  


       As costas de Cerdeña son en xeral altas e rochosas formando fermosos cantís.

      Nela destacan catro golfos: Asinara, Orosei, Oristano e Cagliari. Así mesmo ten
      cabos tan soados como: Testa, Falcone, Carbonara, Caccia...


Resultado de imagen de capo caccia cerdeña
Cabo Caccia.
                               

            Ten un clima Mediterráneo con veráns longos, cálidos e secos e invernos
      templados e húmidos.        
      
                  Curiosidades:
           
            Cerdeña pertenceu ao Reino de Aragón e posteriormente a España uns 300
       anos. En algúns pobos de Alguero falan catalán.


             No parque Nacional da illa Asinara hai uns burriños blancos endémicos da
       illa que andan ceibos e son moi "amorosos".                                                           
             
Resultado de imagen de burros del asinara
Burro do Asinara.
                                    

17/09/18

Apeninos


 
Italia fisica appennini.png    Os Apeninos son uns montes que se atopan no Sur de Europa, para ser máis exactos na parte Norte de Italia.  A maior parte deles atópase en Italia pero tamén hai en San Marino. Os Apeninos percorren 1400 Km dende o golfo de Liguria ata a península de Calabria. Esta cadea montañosa forma un arco entre o golfo de Génova no Mediterráneo e Nápoles cerca do mar Tirreno. No centro do arco achégase á costa Este en Rímini.

 Os Apeninos divídense en tres grupos:
        - 1ª Apeninos Septentrionais: É a cadea que está unida aos Alpes. Están formados por arxila e areiscas. Esta parte da cadea está formada unicamente por un macizo con cumes superiores aos 2000m. As montañas son bastante redondas e forman unha cadea lineal, que descende nos alrededores.
        - 2ª Apeninos Centrais: Son de caliza. Descenden levemente en altura hacia os mares, mais forman un gran macizo composto por grupos de montañas, separados entre si por vales. Nesta parte as montañas son máis abruptas e hai grandes bosques.
           - 3ª Apeninos Meridionais: Componse de xisto e rochas cristalinas. Son moi parecidos aos septentrionais , pero con grandes extensións boscosas habitadas por lobos. É a única cadea con volcáns activos.

Ver las imágenes de origen   O seu pico máis alto é o Gran Sasso d´Italia cuns 2914 Km. As montañas están marioritariamente cubertas de bosques, a excepción do seu pico máis alto que está parcialmente cuberto, na cara Norte, por un glaciar. As ladeiras orientais miran ao mar Adriático e son escarpadas, mentres que na zona occidental termina en chairas, onde atópanse a maior parte das cidades históricas italianas.

23/11/13

O RÍO DA CORUÑA CHÁMASE MONELOS

O RÍO QUE LATEXA BAIXO OS NOSOS PÉS

Tódalas grandes cidades teñen río. París ten ó río Sena, Londres ó Támesis, Viena o Danubio, Alexandría o río Nilo; a cidade de A Coruña tamén ten un grande río chamado Monelos.
Non ten a lonxitude do Nilo (o río máis longo do mundo) nin a caudalosidade do Amazonas pero é o río máis importante que temos a pesar da ignorancia e o maltrato padecido.


Trátase dun río que está na súa maioría de percorrido mergullado por debaixo das nosas avenidas e rúas e transformado nunha verdadeira Cloaca Máxima como na Roma antiga. O río Monelos (que se chama Mesoiro) canda atravesa o noso barrio e que pasa a poucos metros do instituto, non ten os caimáns dos ríos ecuatoriais pero si unha gran variedade de fauna bañándose nas súas augas turbas por onde navegan veleiros de ferralla e nubes de deterxente.


Dende os outeiros de Feáns ó Areal de San Diego, o río Monelos está hoxe tristemente esquecido, canalizado, sepultado. A súa canle regaba as leiras vizosas de Elviña, San Cristovo das Viñas, Monelos e a Gaiteira. Del bebían as Cernadas, a Camposa, a Horta Grande, O Carracedo, as Mariñas Douradas.
Co paso do tempo, o río foise convertendo no sumidoiro onde ían parar tódalas augas escuras.
O seu traxecto é pequeno, máis intenso, varios brazos importantes enchen o seu caudal. O principal nace un chisco máis arriba do lugar da Castiñeira, rega o val de Feáns e tira cara Mesoiro.
Para salvar o desnivel, formaba unha fervenza que servía para mover as rodas dun batán ou martinete que lle deu nome ó lugar; este tramo de río foi recentemente entubado e fervenza da Coruña desapareceu sen que puidésemos facerlle unha despedida.
Tras estes antigos rápidos, o río volve agromar á superficie (despois de atravesar por embaixo o polígono de Pocomaco). Segue por Someso e a Cabana ata a Ponte de Pedra, onde se axunta cos outros brazos de auga que enchen o seu caudal.
Outro rego nace en Pastoriza, baixa por onda Meicende, a Grela, o Bosque, chega ata San Cristovo das Viñas e desauga no principal nas Laxes de Orro.
Na Fontenova principia outro regato, pasa polas Torres Velas e desemboca no anterior á altura do Bosque.
Da parte de Elviña, dende os rueiros do Souto e do Escorial tamén baixa un afluente importante. E outro máis vén dende Eirís de Abaixo, cruza as Cernandas ata a Ponde de Pedra. Na actualidade, a partir da Ponte de Pedra, o río desaparece definitivamente convertido en sumidoiro. Xusto aquí o río do recordo entraba na Granxa Agrícola. O noso río servía de fronteira, dende aquí ata a súa desembocadura, entre o concello da Coruña e o antigo concello de Oza.
Tiña sona de regato, mais o seu caudal era quen de mover os rodicios dos muíños de Reboredo e da Trigá.
Tras dos muíños, tirando cara á Gaiteira, tamén tiña a súa particular conca do Rhur, comporta pola fundición de “Solórzano” os depósitos da Campsa e a antiga estación do ferrocarril.
Antes do encontro final coa inmensidade oceánica no Areal de San Diego, o río Monelos, na súa vellez, vivía unha experiencia mística e transcendente na Horta das Monxas, entre canas de bambú.
Xa que na cidade non hai sitio para el, que ninguén nos roube a súa memoria. 


15/09/13

A TERRA VISTA DENDE NEPTUNO

En 1990, cando o Voyager 2 deixou Neptuno e dispúxose a saír do Sistema Solar, virou para tomar a última foto da Terra. Entón puidemos ver a imaxe máis lonxana dela, a 6.000 millóns de quilómetros.

Un importante astrónomo norteamericano, Carl Sagan, fai unha reflexión sobre a Terra no Universo.

O punto máis distante así,
tal vez non teña un particular interese,
pero para nós é diferente.
Consideremos novamente este punto.
Isto que está aquí, é o noso fogar
iso somos nós
nel están tódolos que amamos,
tódolos que coñeces,
tódolos de quen escóitache falar
e tódolos seres humanos quen fosen,
que viviron as súas vidas.
O conxunto da nosa ledicia e o noso sufrimento.
Miles de relixións, ideoloxías e doutrinas económicas.
Cada cazador e cada recolector,
cada heroe e cada covarde,
cada creador e destrutor de civilizacións,
cada rei e cada plebeo,
cada xove parella de namorados,
cada nai e pai.
Nenos con esperanza
Inventores e exploradores
cada formador de moral,
cada “superstar”,
cada “líder supremo”,
cada santo e pecador da historia da nosa especie.
Unha mota de po suspendida nun raio de sol.
A Terra non é máis que un pequenísimo gran
que forma parte dunha praia de area cósmica.
Pensa nos ríos de sangue
derramados por centos de xenerais e emperadores
para conseguir a gloria e ser os amos momentáneos
dunha fracción do punto.
Pensa nas crueis visitas sen fin
que os habitantes dunha esquina deste píxel
fixeron contra os a penas distinguíbeis habitantes
dalgunha outra esquina.
A impaciencia por matarse uns a outros,
a xeración de ferventes odios,
as nosas posturas,
a nosa presunción imaxinada,
a falsa ilusión que temos de ter un lugar privilexiado no Universo
son desafiadas por este pálido punto de luz.
O noso planeta é unha mota solidaria.
Na inmensa escuridade cósmica,
en toda esta extensa escuridade,
non hai ningunha pista.
Que a axuda virá doutra parte para salvarnos de nós mesmos.
A Terra é o único mundo coñecido ata o momento capaz de albergar vida.
Non existe outro lugar ao cal a nosa especie poida migrar.
Visitar?
Sí.
Establecerse?
Aínda non.
Gústenos ou non polo momento,
a Terra é o lugar onde estamos.
Díxose que a astronomía é unha experiencia construtora de carácter e humildade.
Quizais non exista maior demostración da tolería da presunción humana
que esta imaxe distante
do noso diminuto mundo.
Para min,
recálcase a nosa responsabilidade
de compartir máis amablemente uns cos outros.
Para preservar e coidar
este puntiño azul pálido
que temos coñecido
Carl Sagan (1934-1996)

29/05/13

A BATALLA DE MARATÓN

Esta batalla deu nome á proba máis importante das Olimpiadas

O maratón é unha proba atlética de resistencia coa categoría olímpica que consiste en percorrer unha distancia de 42.195 metros. Forma parte do programa olímpico na súa categoría masculina dende 1896, e en 1984 incorporouse a categoría feminina.
A súa orixe atópase na xesta do soldado grego Filípides quen no ano 490 a.C. (batalla de Maratón), morreu de fatiga tras ter percorrido esta distancia dende a localidade de Maratón ata Atenas para anunciar a vitoria sobre o exército persa. En honor á hazaña de Filípedes creouse unha competición co nome de maratón. Esta proba quedará incluída nos xogos olímpicos contemporáneos de 1896, celebrados en Atenas, polo Barón Pierre de Coubertin.
Nestes primeiros xogos Olímpicos o gran heroe foi o gañador da proba do maratón, un pastor grego, que foi seleccionado case por obriga por un oficial do exército grego. Antes da saída permaneceu dous días en oración e facendo xaxún. Ao final da carreira entrou en solitario pola meta para delirio dos seus compatriotas, salvando así a honra helénica, dado que foi o único triunfo grego nunha proba de atletismo nestes xogos. Esta vitoria o convertiu nun personaxe rico, incluso un carniceiro ofreceuse a darlle carne de por vida e un zapateiro a calzalo. Morreu sen faltarlle de nada.
Os 42.195 m polos que hoxe en día coñecemos o Maratón datan do ano 1908, cando se celebraron os xogos Olímpicos de Londres e a raíña estableceu, sen querelo, esta lonxitude como a distancia  oficial da carreira de resistencia por antonomasia. Os 42 quilómetros do maratón eran a distancia que había entre Windsor do estadio de White City, en Londres. Os derradeiros metros foron engadidos para que o final tivese lugar fronte o palco presidencial do estadio.

 

42 quilómetros sen zapatillas

Hai máis de 50 anos o etíope Bikila gañou a proba de maratón nas olimpiada Roma

 

Non o coñecía ninguén. Abebe Bikila presentouse nos Xogos Olímpicos de Roma como un neno. Cheo de ilusión e con moitas gañas de impresionar. Cóntase incluso que aquel 10 de setembro de 1960 os espectadores cruzaban apostas acerca de cantos quilómetros do maratón aguantarían aqueles dous atletas etípoes, camisola verde oliveira e pantalón vermello, que se presentaron descalzos na liña de saída.
Só un home cría neles. O seu entrenador. O sueco Niskanen, reclutado polo Goberno etíope para detectar atalentoss atléticos, aseguraba que o máis alto dos dous chegaría á meta e antes que ninguén. Bikila fora engadido, pouco antes de que despegara o avión para Roma. Substituíu ao seu compatriota Bitatu, que se fracturara o nocelo xogando ao fútbol. Abebe, sarxento da garda persoal do emperador Haile Selassie (O Negus) presentouse nos Xogos sen zapatillas. A marca Adidas, patrocinadora olímpica, facilitoulle un par para que as utilizase no maratón. O atleta probounos. Chegou a entrenarse con elas, peron non terminaron de convencerlle. Poucas horas antes da saída, o atleta tomou a decisión de correr descalzo.
A proba contaba cun favorito claro, o marroquí Rhadi, gañador aquel ano do prestixiosos Cross das Nacións. Ao paso polos 20 quilómetros (1h02:49, un ritmo rápido), Rhadi comprobou con sorpresa que aquel etiópe dos pés espidos seguía ao seu lado.
Vista dende o outro lado, a historia era diferente. Niskanen avisar a Bikila de que se fixara no dorsal número 26, o de Rhadi, e se pegase a el. Pero por algunha razón, o marroquí non se colocara o dorsal oficial do maratón senon o que utilizou días antes nos 10.000 metros. O etíope Bikila mirou a todas partes non pelotón ignorando que Rhadi co número 185 era o home que corría ao seu lado.
Caeu a noite na cidade eterna. A Vía Apia presentaba un aspecto máxico, iluminada con miles de antorchas para conducir aos atletas ata o Arco de Constantino, baixo o que se atopaba a meta. De pronto apereceu o home descalzo. Bikila tomara vantaxe ao fina e cruzou a meta nun crono de 2h15:16.2, unha nova mellor marca mundial.

 

27/05/13

HERACLES (HÉRCULES) UN HEROE

Heracles/Hércules Heracles ou Hércules era un dos deuses máis importantes da mitoloxía grega. Fillo de Zeus e unha mortal, Alcmena, representaba a forza física empregada para liberar ao mundo e aos homes de monstros. A figura de Heracles está moi presente en todo o Mediterráneo e identificouse con héroes doutras culturas. A nosa cultura abunda en lugares e monumentos relacionados con Hércules ou Heracles. Recordas algún? 
View more presentations from Susana Losada

13/02/13

Megalitismo na ría de Arousa

A illa dos mortos

Sabedes que nos illotes cercanos á Illa de Arousa hai restos de antigos dólmenes? Un conto, non é prehistoria pero pode ser real como a poesía, a mitoloxía e a literatura...: A illa de Avalon onde estan os antigos restos do rei Arturo ao mellor están nesta illa.

11/02/13

GROENLANDIA

THULÉ O LUGAR HABITADO SITUADO MÁIS O NORTE DO MUNDO

Grenlandia (en kalaallisut: Kalaallit Nunaat, ou Terra dos Grenlandeses, en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie está cuberta por xeo, ademais do país cunha menor densidade de poboación.
 Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Grenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende fai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.
Groenlandia ten 2.166.086 km² (algo máis de catro veces España). É a illa máis grande do mundo despois da illa continente de Australia. Preto do 80% do territorio (1.755.637 km²) está cuberto de xeo, polo que constitúe a segunda reserva deste no planeta, por detrás da existente na Antártida. Por outra banda, a superficie libre de xeo (410.449 km²) é maior que a de Xapón, cunha baixa densidade de poboación. O extremo setentrional da illa está libre da capa de xeo, debido a que o aire é demasiado seco para producir a neve esencial para a creación da capa de xeo. 
Cun clima polar, posúe apenas unhas pequenas zonas costeiras onde a temperatura durante o verán supera os 10 °C, polo que a súa vexetación é de tundra e a agricultura inexistente.


Divisións políticas de Groenlandia
Concello
Superficie
Poboación
Mapa
Kujalleq
32.500km²
9.700 habitantes (2009)
Qaasuitsup
660.000 km²
19.000 habitantes (2009)
Qeqqata
115.500 km²
12.300 habitantes (2009)
Sermersooq
635.600 km²
23.000 habitantes (2009)

O Parque Nacional de Grenlandia do nordeste é unha área non incorporada e non forma parte de ningún concello, sendo ademais o parque nacional máis grande do mundo, cunha área de 972.000 kilómetros cadrados. A base aérea de Thule é unha área non incorporada como enclave dentro do municipio de Qaasuitsup.
Área
Superficie
Poboación
Mapa
Parque Nacional de Grenlandia do nordeste
972.000 km²
50 habitantes (2009)


Poboación

Groenlandia ten unha poboación estimada no ano 2009 de 57.600 habitantes, dos cales 88% son inuit ou mestizos de dinamarqueses e inuit, sendo o 12% restante de orixe europea, principalmente procedentes de Dinamarca.
A maioría da poboación é luterana e viven principalmente ao longo dos fiordes do sudoeste da illa principal, onde se atopa a capital Nuuk, xa que posúen alí un clima relativamente ameno. O interior da illa atópase deshabitado.

Lingua

Tanto o grenlandés como o dinamarqués foron utilizados en asuntos públicos dende o establecemento do goberno autónomo en 1979, e a maioría da poboación fala ambas as linguas.
O grenlandés é a lingua máis popular das linguas esquimo-aleutianas e posúe máis falantes que todas as outras linguas da familia xuntas. Dentro de Grenlandia, tres dialectos son recoñecidos dentro desta lingua.

Economía

Grenlandia posúe abondosos recursos minerais, entre os que destacan o zinc, chumbo, mineral de ferro, carbón, molibdeno, ouro, platino e uranio. En 1994, o descubrimento de petróleo, zinc e ouro, promete mudar a economía, aínda bastante dependente de Dinamarca, así pois hoxe a economía baséase na extracción de bens minerais ademais da pesca e caza de focas e baleas. A caza da foca marca a vida dos habitantes do norte, dependendo hoxe criticamente da pesca e das exportacións de pescado, sendo a industria da pesca de camaróns a máis rendible do país, xunto coa emisión e venta de selos postais.
O turismo é o único sector con algún potencial a curto prazo, mais é limitado debido á curta temporada e aos custos elevados. O sector público, incluíndo empresas públicas e municipios, desempeña un papel predominante na economía de Grenlandia.

THULÉ

(Tuli o Tyle) é un termo usado na antigüidade  para referirse a un lugar, xeralmente unha illa, no norte lonxano, xeralmente Escandinavia.
«Derradeira Thule» na xeografía romana e medieval pode ser calquera lugar distante situado máis alá das fronteiras do mundo coñecido.
Thulé é na actualidade o nome dunha base polar fundade en 1910 por Knud Rasmussen no norte da vía de Baffin que chegou ser un concello da Grenlandia gobernada por Dinamarca. Os thule, unha cultura paleo-esquimal antecesora dos inuit groenlandeses modernos, denominaron Thulé á rexión. En 1953, no contexto da guerra fría, os Estados Unidos estableceron unha base aérea. A poboación nativa foi forzada a restablecerse en Qaanaaq, a 108 kilómetros ao norte. Vívese fundamentalmente da caza na actualidade.