12/11/18

ACONCAGUA

                                                                   O ACONCAGUA








É unha montaña situada na provincia de Mendoza,ao oeste de Arxentina,integra a cordilleira Principal que é un compoñente da Cordilleira dos Andes.Ten unha altitude de 6960 msnm polo que é considerado o pico mais alto da terra despois dos sistemas dos Himalaias e polo tanto a cima mais elevada en América.
A súa primeira ascensión foi o 14 de xaneiro de 1897 por Matthias Zurbriggen nunha expedición liderada polo británico Edward Fitzgerald
Nos inicios da sua exploracion pensouse que era un volcan xa que un dos exploradores, Paul Güssfeldt ,comprobou que as rochas que o formaban tiñan unha orixe volcánica. Pero en cambio o profesor Walter Schiller, investigador xeólogo do museo Da Prata, publicou nun dos seus traballos que esas rochas foran alí depositadas debido a fortes eventos tectónicos e que non se encontrara orificio ou cráter na cima do mesmo que evidenciara que fora un volcán.




                    















1 comentario: