06/11/18

ESTREITO DE DARDANELOS




Está situado entre o continente Europeo e o continente Asiático. O estreito de Dardanelos encárgase de comunicar o mar Exeo coa sección interior do mar de Mármara e tamén co seu arquipélago.
O estreito de Dardanelos ten unha lonxitude duns 71 kilómetros, unha anchura que varía entre os 1,5 kilómetros e 6,5 kilómetros, mentres que a súa profundidade ronda os 50 metros.
Na Grecia clásica o estreito de Dardanelos foi coñecido baixo o nome de Helesponto que significa: Mar de Hele.
O estreito de Dardanelos e un antigo val fluvial, as súas costas son pouco accidentadas e nel abunda a pesca.
O estreito de Dardanelos é un Parque Nacional Histórico da Península de Gelibolu: creado para rendir homenaxe aos 500.000 soldados que perderon a vida en Gelibolu; (Na primeira Guerra Mundial).


Ningún comentario:

Publicar un comentario