A alpinista galega converteuse na primeira muller española en alcanzar o Polo Sur xeográfico (fazaña que conseguíu o pasado 8 de xaneiro de 2009).
En Vigo foi recibida por moita xente e moitos dos seus familiares e amigos. Esperábaa a súa tía cunha tortilla de patacas na man. E é que a alpinista afirmou que, en máis dunha ocasión no seu periplo pola Antártida, soñaba con comer ese manxar, o que lle axudou a "levar mellor" o sufrimento.
Chus Lago percorreu durante 58 días a Antártida. No ano 1999 escalou o Everest.
«Sutís» diferenzas entre a viaxe ao Polo de Alberto de Mónaco e o de Chus Lago
O Libro Guinness abre as súas páxinas á xesta do príncipe Alberto de Mónaco, que o 16 de xaneiro (oito días despois da alpinista Chus Lago) converteuse no ser humano que realizou a viaxe máis cómoda e pracenteiro ao Polo sur.
Basta comparar a súa proeza coa excusión da galega Chus Lago, uns días antes, para valorar a verdadeira dimensión da súa empresa, de 1.238 quilómetros de percorrido, polos 1.130 da aventureira. Ademais, a realeza monegasca poderá presumir de cubrir en dez días o camiño que Chus completou en 59.
Si, porque poucos recordarán o día de mañá en Mónaco o sutil detalle de que a expedicionaria realizou o percorrido sobre esquíes, desafiando co seu corpo refachos de vento de 150 quilómetros por hora, mentres o príncipe usou para desprazarse unha moto de neve que desafiou as inclemencias do tempo co parabrisas e da que se apeou tan só dez quilómetros antes do obxectivo para chegar ao Polo sur esquiando.
Tampouco merece a pena incidir demasiado no trineo (pulka) de 130 quilos de peso que tivo que arrastrar Chus Lago durante a viaxe para dispor de provisións. á fin e ao cabo o príncipe cargou cos prismáticos e a bandeira que no nome de Mónaco cravou sobre chan antártico. Para maior gloria da nobreza retratou o momento á beira dun pingüín emperador.
En canto ao adestramento, a alpinista galega preparouse previamente en países nórdicos, tirando de trineos cun peso similar á pulka para ir practicando, mentres o chofer do príncipe arrastrou o Rolls-Royce varias veces ata os próximos Alpes para que don Alberto familiarizásese co aire xélido, similar ao que atoparía na súa aventura.
Unha aventura que realizou acompañado por un experto explorador surafricano, que sempre é máis meritorio, xa que se asume unha responsabilidade dobre ao ter que coidar do acompañante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario