O 24 de agosto do ano 79 houbo unha erupción na que foron sepultadas as cidades do imperio romano Pompeia e Herculano. Tras aquel episodio, o volcán entrou en erupción en moitas ocasións. Considérase como un dos volcáns máis perigosos do mundo, xa que ao redor viven uns tres millóns de persoas e as súas erupcións foron moi violentas; trátase da zona volcánica máis densamente poboada do mundo. É o único volcán situado na parte continental de Europa en activo actualmente. Os outros dous volcáns italianos que entraron en erupción na centuria actual atópanse en illas: o Etna en Sicilia e o Stromboli nas illas Eolias.


Ningún comentario:
Publicar un comentario