Os montes Drakensberg están situados en Lesotho (parte oriental de Sudáfrica). Son as montañas máis grandes de Sudáfrica. O seu pico máis alto chámase Thabana Ntlenyana con 3482 metros de altitude, que tamén é o pico máis alto de Lesotho. Ao oeste dos montes xurden dous ríos, o Orange que desemboca no océano Atlántico e o río Vaal un dos seus afluentes, e no leste e no sur varios ríos máis pequenos, pero o río Tugela sería o máis grande. Os montes están coroados por unha capa de basalto de ata 1500 metros de espesor e a pedra areisca por debaixo, resultando unhas ladeiras abruptas e unhas cimas bastante empinadas. Tamén teñen algunhas covas e moitas delas con pinturas rupestres, dos Bosquimanos, que eran habitantes dos pobos de África.
Nos montes Drakensberg hai un parque natural moi coñecido chamado Parque Nacional Natal Real que posee a fervenza do río Tugela con máis de 947 metros de altitude, converténdose na segunda fervenza máis alta da Terra. Ademáis de ser un lugar visitado polos excursionistas e os alpinistas, este parque foi posto pola Unesco no ano 2000 na lista como sitio do Patrimonio da Humanidade.
Ben. Non é necesario titulalo dúas veces.
ResponderEliminar