10/10/18

O MONTE KILIMANJARO

O Kilimanjaro é unha montaña situada no noroeste de Tanzania, formada por tres volcáns inactivos: o Shira, o Mawenzi e o Kibo. É a montaña máis alta de África (5891m), é un estratovolcán de forma cónica. Encóntrase no Parque Nacional do Kilimanjaro (creado en 1973)  situado preto da fronteira de Tanzania con Kenia, a montaña emerxe solitaria entre a sabana que a rodea. O Kilimanjaro é coñecido polos seus famosos glaciais no seu cume , istos eran claramente visibles noutro tempo , pero agora estanse reducindo de forma drástica ; estímase que se reducirán por completo entre os anos 2020 e 2050. Isto é debido á falta de precipitacións en forma de neve debido ao cambio climático , pero tamén á desforestación provocada polos habitantes humanos que viven nas súas ladeiras. 
O Kilimanjaro tamén chamado Ol Doinya Oibor (montaña branca ) no dialecto local , foi descuberto en 1848 por Johannes Rebmann. Os exploradores Hans Meyer e Ludwing Purtscheller lograron alcanzar o seu cume en 1889.

O seu territorio foi unha colonia alemana , posteriormente británica , finalmente independizouse e deu lugar ao país chamado Tanganica en 1961.
O monte Kilimanjaro é un icono en todo o mundo , foi lembrado e representado no arte e na escritura como a famosa obra " As neves do Kilimanjaro " de  Hemingway . Tamén é moi apreciada polos miles de montañeiros que realizan a súa ascensión cada ano.


1 comentario: